Contido con Temática .
Agro E Mar

Galicia xestionará desde este martes toda a costa do país
30/06/2025 09:22
A Xunta prevé que o procedemento único para autorizacións no litoral estea operativo a final de ano
Pretende implantar a xestión integrada para reforzar a seguridade xurídica dos negocios do litoral e simplificar os trámites
A Xunta solicita ao Goberno central a transferencia da xestión dos permisos de traballo

Pecha a campaña da centola con máis de seis millóns de euros de facturación
29/06/2025 15:03
Esa facturación en primeira venda é a maior da historia
Segundo as cifras de Pesca de Galicia, teranse poxados nas lonxas galegas máis de 484.000 quilos
A vindeira campaña que comezará no outono

Mondoñedo celebra a 46 edición da rapa da bestas do Campo do Oso
29/06/2025 14:44
No curro xuntaron arredor de 200 bestas procedentes dos montes de Santa María Maior

O bonito do norte empeza a abundar nas peixerías e vai máis barato
27/06/2025 14:09
Os primeiros bonitos sempre van mais caros. Esta semana foi importante a baixada de prezos nas peixerías.
Un produto moi versátil co que se poden facer moitas receitas frescas para o verán

O Ministerio presentará este venres o informe do lobo ás comunidades autónomas
25/06/2025 14:34
Será nunha comisión sectorial para abordar a situación real desta especie
Galicia e outras 12 comunidades xa pediran coñecer a letra pequena do documento

Un ciberataque paraliza as poxas de gando en Silleda
24/06/2025 16:56
Ricardo Durán , director da Semana Verde, di que non é o primeiro ataque que reciben, pero si "máis sofisticado" do habitual
Descartan que estea vinculado coa polémica das compravendas de gando a través da plataforma informática
Agardan que se retome a actividade o próximo martes

A Xunta anuncia axudas por 36 millóns de euros para a remuda xeracional no rural
24/06/2025 15:57
A conselleira destacou as medidas como o Bono Activa Rural e as iniciativas de formación
Os grupos da oposición reprocharon que o ano pasado un 70 % das solicitudes quedaran fóra das axudas
O PSOE acusou a Xunta de facer que permanecer no rural resulte un "acto heroico"

Éxito na poxa nacional da Raza Rubia Galega de Adai, no Corgo
21/06/2025 14:44
As xatas preñadas poxáronse a partir dos 3.000 euros

San Xoán 2025: toca conxelar as sardiñas para que cheguen frescas ao luns
20/06/2025 19:11
Polo San Xoán, a sardiña molla o pan
Disque cumprir coa tradición de comelas trae boa sorte

A Xunta recorre a suspensión cautelar da caza do lobo
20/06/2025 14:55
Argumenta que melloraron as poboacións, e que a gandería é unha actividade estratéxica da comunidade

Vacas contra a maleza na aldea de Casardeita, en Ramirás
19/06/2025 14:07
Os veciños cedéronlle as leiras a un gandeiro da zona para que as súas reses as manteñan limpas
Evitan contratar a alguén para que roce as súas propiedades e afastan o risco de incendio

Gas pementa contra o furtivismo en Malpica
18/06/2025 17:25
A confraría dispuxo uns días da autorización para usalo nas vixilancias

Unha gandería de Mazaricos converte o xurro en amoníaco e en fertilizante seco
18/06/2025 14:07
O fertilizante, para horta ou xardín, comercialízase en bolsas de 10 quilos

Comuneiros de Gondomar regalan a metade dos amorodos a quen axude a collelos
17/06/2025 14:44
Os comuneiros de Couso adoptan o sistema U-Pick, típico do mundo anglosaxón
Din que sen axuda non dan abasto e comerían todo os paxaros

Os viticultores da Ribeira Sacra loitan contra un fungo persistente
17/06/2025 11:08
O dano nas zonas afectadas é porcentualmente alto, aínda que se trata de casos localizados
Detectouse a presenza de mildio en parcelas de Amandi, Quiroga ou Montefurado
Antonio Lombardía, presidente do consello regulador: "É bastante persistente e difícil de controlar cos produtos existentes"

A importancia do terreo na elaboración do viño centran unhas xornadas en Quiroga
15/06/2025 15:12
O encontro inclúe unha visita a Montefurado, onde os romanos extraían ouro, o que configurou unha paisaxe moi determinante na zona

Recuperan castiñeiros que arderon hai tres anos no incendio do Courel
14/06/2025 15:05
A Asociación Galega das Castañas e os Soutos organiza unha xornada para reinvindicar a importancia destas árbores, tan presentes na paisaxe da zona

O prezo da sardiña mantense entre os 6 e os 8 euros a pouco máis dunha semana para San Xoán
14/06/2025 13:48
A Consellería do Mar autorizou as capturas de sardiña o domingo 22 de xuño, na véspera da noite de San Xoán
A frota do xeito sairá a pescar. A do cerco, segundo confirmou a Federación Galega de Confrarías, vaino decidir o próximo mércores.

Rueda destaca o compromiso da Xunta coa economía azul como modelo de desenvolvemento
13/06/2025 17:20
O presidente da Xunta e a conselleira do Mar, Marta Villaderde, participaron nun acto conmemorativo con motivo do Día Marítimo Europeo en Vigo

A piques de rematar a campaña da centola, con resultados satisfactorios para o sector
12/06/2025 14:10
A confraría do Grove alcanza os 70.000 quilos comercializados desde o inicio da campaña, a primeiros de novembro, cando quedan poucos días para que esta especie entre en veda ata novembro

A Xunta avaliará co sector recorrer a sentenza que avala a veda da pesca de fondo
12/06/2025 12:53
A conselleira do Mar admite a "decepción" da Xunta: "Tentaremos ver as posibles opcións de recursos"

O Centro de Investigacións Mariñas fai 50 anos como "referente internacional"
11/06/2025 20:43
Actualmente ten en marcha 22 accións de investigación, entre elas unha única no mundo sobre o cultivo do salmonete de rocha

A Xustiza europea desestima os recursos de España contra o veto á pesca de fondo
11/06/2025 13:11
A sentenza subliña que a designación dunha zona mariña vulnerable baséase na presenza verificada ou posible de especies protexidas para garantir a súa protección fronte aos "significativos efectos adversos das artes de fondo en xeral"
O ditame lembra, ademais, que a prohibición só se aplica á pesca a unha profundidade superior ou igual a 400 metros e matiza que España e os pescadores demandantes non demostraron que o arrastre non supoña un risco para os ecosistemas mariños vulnerables
Palangreiros galegos alertan de "desaparición" do sector polo veto ao arrastre: "Hoxe perdemos todos"
España estuda como responder á sentenza
Galicia analiza como contestar á "moi negativa" sentenza

Mala colleita de cogomelos de primavera polos bruscos cambios de temperaturas e a chuvia intensa
09/06/2025 20:43
Unha oscilación térmica como non se dera ata agora, como pasar dos 30 aos 0 graos en apenas uns días, ademais das forte chuvia e sarabiadas, minguaron de xeito importante a produción micolóxica neste ano
Os expertos advirten dos efectos que o cambio climático ten sobre os cogomelos, protectores e indicadores fundamentais dos ecosistemas naturais

Medio Rural ofertará 406 prazas de novo ingreso nos seus centros formativos
09/06/2025 20:18
Os seis centros imparten oito ciclos de grao medio e seis de grao superior
O índice de inserción laboral dos alumnos achégase ao 100 %

09/06/2025 17:35
A produción galega queda curta e cómpre traer do Bierzo e do Xerte

A Festa do Viño Tinto de Ribadumia amosa os mellores Barrantes e caldos autóctonos do Salnés
08/06/2025 21:10
Oito homes e unha muller foron escollidos como valedores deste caldo híbrido que está en proceso de regularización

Remata a Semana Verde de Silleda con moitos visitantes e récord de expositores
08/06/2025 20:13
Catro días de feira con encontros comerciais, sesións de cociña, catas e entretemento
A organización conta con superar os 100.000 visitantes

Avanza o proxecto para instalar en Burela a primeira planta de cría de salmón de Galicia
06/06/2025 14:16
As obras comezarán a finais de ano e suporán un investimento de 80 millóns de euros

O sector forestal advirte de que as pragas causarán desabastecemento de piñeiro nunha década
03/06/2025 14:30
O sector madeireiro estima que ao ritmo actual de produción faltará materia prima en dez anos

Hortas ecolóxicas para ter á man alimentos de tempada e saudables
31/05/2025 21:17
No obradoiro ensinan a coidar a terra e a buscar un equilibrio cos cultivos

Comeza unha das edicións máis temperás da Feira do Viño de Valdeorras
31/05/2025 14:48
Participan 18 adegas desta denominación de orixe
A deportista olímpica Teresa Portela pronunciou este sábado o pregón inaugural

Os comuneiros de Gondomar colocarán caixas de madeira para favorecer a restauración ecolóxica
31/05/2025 13:56
Os comuneiros de Couso replicarán nos seus montes unha experiencia pioneira sueca, dentro do proxecto europeo GIFT

A Xunta destinará 36 millóns a plans de mellora e remuda xeracional nas explotacións gandeiras
31/05/2025 08:20
A convocatoria está prevista para mediados de xuño

A UE aproba reducir o límite de rendemento por hectárea en viños con D. O. Ribeira Sacra
29/05/2025 10:55
A modificación consiste en reducir a produción máxima por hectárea no relativo á uva tinta para pasar dos actuais 9.500 aos 7.500 quilos, segundo recolle o documento publicado este xoves no Diario Oficial da Unión Europea
Produciuse unha importante acumulación de existencias nas adegas de zonas produtoras, como a Ribeira Sacra, o cal motivou que nos últimos tempos algúns países da Unión Europea activasen medidas para reducir excedentes

A sementeira da pataca arrinca cun mes de atraso
27/05/2025 14:38
Os traballos van máis lentos do que deberían pola deterioración da semente
Hai leiras nas que aínda non se pode entrar pola humidade

Costas inicia as catas na Ribeiriña da Pobra para dar coa orixe das verteduras de hidrocarburos
27/05/2025 14:26
Unha vertedura de hidrocarburo mantivo pechada ao marisqueo a zona da Ribeiriña
Costas iniciou as catas na zona da antiga conserveira buscando posibles filtracións subterráneas
Os veciños denuncian o mal estado dunha antiga fábrica de fariñas e piden solucións seguras para a zona

As queimas agrícolas e forestais volven estar prohibidas a partir deste martes
26/05/2025 11:29
Os permisos xa concedidos quedan sen validez e tampouco se darán novas autorizacións ata que haxa cambios nas condicións meteorolóxicas

A produción de resina nos montes galegos está en plena campaña
25/05/2025 09:38
Os resineiros afirman que é un negocio rendible, cun mercado moi amplo, pero que falta xente para sacarlle todo o proveito

Os primeiros barcos da costeira do bonito regresan dez días antes do habitual
24/05/2025 20:51
A lonxa de Burela acolleu esta semana a primeira poxa desta tempada