Vacas contra a maleza na aldea de Casardeita, en Ramirás
Os veciños cedéronlle as leiras a un gandeiro da zona para que as súas reses as manteñan limpas
Evitan contratar a alguén para que roce as súas propiedades e afastan o risco de incendio
Álvaro Domínguez é un do poucos gandeiros que aínda quedan na zona de Ramirás. As súas vacas chegaron a aldea de Casardeita hai uns tres anos. Foi un dos veciños o primeiro que lle deu permiso para que paceran as súas leiras, invadidas pola maleza debido ao abandono. Sumáronse cada vez máis e incrementou o número de reses. Agora conta un rabaño dunhas 30 cabezas que forman parte xa da paisaxe desta aldea.
Unhas veciñas máis, moi ben acollidas porque lles evitan ter que buscar a alguén e pagar por manter limpas as leiras pero tamén porque a imaxe da localidade mudou. Desapareceron as silvas e maleza que había ao redor e séntense, subliña José Luis Rodríguez, un dos veciños que vive en Casardeita, protexidos fronte aos incendios grazas ao labor da actividade gandeira.