Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan morta unha persoa no interior dun transformador en Carballo

Atopan morta unha persoa no interior dun transformador en Carballo

Foron operarios dunha empresa eléctrica os que localizaron a persoa falecida e avisaron os servizos de emerxencia

Momento da retirada do cadáver Momento da retirada do cadáver
G24.gal 19/06/2025 14:43 Última actualización 19/06/2025 17:34

Traballadores dunha empresa eléctrica localizaron unha persoa falecida, posiblemente electrocutada, no interior dun transformador en Carballo. Os operarios deron aviso minutos antes das 12:30 deste xoves.

A subestación eléctrica está situada na rúa Compostela e ata o lugar desprazouse unha dotación do servizo de Urxencias 061, e efectivos da Garda Civil e da Policía Local.

 

A subestación eléctrica está situada na rúa Compostela A subestación eléctrica está situada na rúa Compostela

O forense ordenou xa o levantamento do cadáver e o seu traslado o Chuac para realizarlle a autopsia.

Os servizos de emerxencia traballaron para desconectar a corrente e poder recuperar o corpo en condicións de seguridade. As forzas da orde investigan os feitos para esclarecer o sucedido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade