Letras
A NUMAX de Santiago de Compostela foi distinguida co Premio Librería Cultural 2026
20/11/2026 10:05
NUMAX, Premio Librería Cultural 2026 da CEGAL, co apoio do Ministerio de Cultura
NUMAX resultou a libraría gañadora entre 39 establecementos de toda España
Apostan pola bibliodiversidade de autores, o apoio a editoriais independentes e a pluralidade temática
O premio tamén recoñece a economía social e a súa aposta pola lingua e a cultura galega
Falamos con Eduardo Estévez sobre o seu novo proxecto editorial
20/11/2026 10:00
'Polos fíos da memoria', de Matilde Castro, foi o primeiro título que viu a luz co selo o_bidueiro
O_bidueiro publica tamén 'Calixe', de Sara Plaza e Baldo Ramos, un intercambio construído sobre a dor e perda
Coa artista Marga Crespo, Estévez, publica 'O patio', unha reflexión sobre os lugares en que rastrexamos a memoria
A G2 dedida esta noite a lembrar a figura de Méndez Ferrín
19/11/2026 11:03
A canle ofrece unha programación especial para lembrar o escritor e achegarse á súa traxectoria e ao seu universo literario a través dunha entrevista, unha película baseada nun dos seus relatos e un documental no que o propio autor reflexiona sobre a súa vida e a súa obra
Mario Regueira fálanos de 'Peixes de luz', de Míriam Ferradáns
18/11/2026 10:10
Un poemario inspirado na vida dos mariñeiros, as súas mulleres e unha vida de sacrificios ao redor do mar
"Estala a mañá no frío do porto. Uns homes fuman apoiados na varanda branca. Miran o mar. Miran o mar e mais o ceo. Nunca entre eles".
Saen á luz textos inéditos e xornalísticos de Begoña Caamaño
10/11/2026 18:27
Este mes chega ás librarías un volume con medio centenar de novos textos desta autora
Volve Frank Soutelo en 'Buscando a Dalia'
05/11/2026 10:24
Oitava entrega da saga de novela negra de Miguel Anxo Fernández
O detective segue a pista de crimes e desaparicións de mulleres no Carballiño
O autor defende a novela negra como intérprete da realidade
Mario Regueira descóbrenos dúas novidades de Galaxia
04/11/2026 10:03
Falamos de 'Unha historia de nós', de Pablo Diego Dios, e 'Un mar de curiosidades', de Javier García Galdo
Marilar Aleixandre preséntanos o seu poemario 'Terra baixo as uñas'
04/11/2026 09:57
Marilar Aleixandre escribe: "Procurarei a miña voz/escaravellando na terra coas mans/esculcando/por baixo das uñas"
Neste libro, a autora realiza un exercicio de escavación que desenterra historias, exhuma corpos, recupera nomes
O poemario dialoga coa súa obra anterior 'As bocas cosidas', un proxecto literario chantado na memoria histórica
Cristina Fernández Cubas, premio Cervantes 2026: "Colleume totalmente por sorpresa"
03/11/2026 22:49
Falamos con Tomás Cuesta polo seu libro 'A gran familia'
29/10/2026 10:00
'A gran famila. Figuras clave da música tradicional galega', editado por Xerais, está ilustrado polo propio autor
Con vocación divulgativa, o libro presenta a música tradicional galega como unha memoria viva
A través de relatos biográficos e ilustracións, Cuesta, presenta un álbum de máis 70 músicos e agrupacións