Enerxía e Consumo

Lugo ten a ratio de coches por habitante máis alta das urbes galegas

17/07/2026 13:59

En cinco anos Lugo aumentou o seu parque automobilístico en máis de 900 vehículos, achegándose aos 54.000

O número de coches tamén aumenta en localidades coma Portomarín, Guntín ou As Nogais

Etiquetas:  AUTOMOCIÓN

O CSN avala a prórroga de Almaraz e deixa a decisión ao Gobierno nun prazo de 2 meses

16/07/2026 20:59

O peche dos seus dous reactores estaba programado para 2027 e 2028

Trátase da planta nuclear de maior potencia instalada de España; produce aproximadamente o 7% da electricidade do país


As mesas do restaurante contan con vistas ao porto de Burela

Volven, co verán, as reservas pantasma nos restaurantes mariñaos

15/07/2026 13:55

Un local burelao denuncia que faltaron nun só día cinco grupos de comensais, e un deles reservara á mesma hora noutros dous negocios


A inflación mantívose no 3,2 % en xuño malia a suba do IVE da luz e do gas

15/07/2026 09:12

Tiraron á baixa dos prezos os combustibles e os lubricantes para vehículos privados, segundo o INE

A inflación modérase ao 3,3 % en Galicia pero supera unha décima a media estatal

Etiquetas:  IPC   INFLACIÓN   INE

Novos veciños para os barrios de Xuxán e San Andrés na Coruña

14/07/2026 14:07

A Xunta sortea 18 vivendas con alugueiro accesible

A renda máxima que se pagará por un piso de dous dormitorios non superará os 300 euros

Despois do verán haberá novos sorteos


O gasto nas vacacións das familias supera os 1.000 euros de media

11/07/2026 15:28

No caso de ir á praia, a media sitúase por riba dos 1.500 euros

Un 27 % dos enquisados prefiren non ir de vacacións


No centro da cidade os taxistas non chegan nin a apagar o motor

A difícil misión de atopar taxi en Santiago

09/07/2026 14:49

No verán, os 144 taxis que hai no concello son insuficientes para a alta demanda

Nestes momentos hai outras 29 licenzas en trámite de iniciar a licitación


Problemas coa traída en Boiro: "Quedo sen auga todas as tardes desde que empezou o verán"

09/07/2026 14:22

Veciños de Triñáns din quedan sen subministración a partir das nove

En Cabo de Cruz quéixanse da baixa presión cando hai picos de consumo

 


Seis chalés de Barreiros enfróntanse á orde de derruba

09/07/2026 14:25

As vivendas teñen máis de 20 anos e, segundo os seus propietarios, foron construídas con todas as licenzas en orde

Tras unha denuncia en 2012 a xustiza declarou ilegal a división do terreo orixinal en seis parcelas

Etiquetas:  VIVENDA

Marcos Gómez: "O vento sopra a favor deste Xacobeo, hai que tentar que chegue a todas as partes"

08/07/2026 10:48

O comisario do Xacobeo 2027 aposta por desestacionalizar esta cita e facer que a programación chegue a todos os concellos galegos


Catro municipios galegos están entre os 25 de España coa vivenda máis barata

07/07/2026 11:21

Vilamarín ocupa o cuarto lugar de todo o Estado coa vivenda máis accesible, taxada en 450 euros o metro cadrado

Os outros tres municipios galegos coa vivenda máis barata son os ourensáns de Leiro e A Merca e o pontevedrés do Covelo

 


Arquivo (Europa Press/Carlos Castro)

As Pontes dirá adeus o 30 de xullo ás catro torres da vella central térmica

03/07/2026 12:14

As construcións serán demolidas mediante unha voadura controlada que obrigará a deter temporalmente unha subestación eléctrica


Foto de arquivo/Europa Press/CONSUM

O consumo de bolsas de plástico cae un 40 % desde que comezaron a cobrarse

03/07/2026 10:46

A química e divulgadora científica Deborah García Bello confirma que a cobranza cambiou este comportamento, ao forzar a reutilización de máis bolsas de plástico ou o recurso dos consumidores a carros e bolsas reutilizables doutro tipo de materiais


Europa Press

A UE comeza a aplicar a taxa de 3 euros a todos os paquetes baratos importados

01/07/2026 08:10

A xestión de 16 millóns diarios destes paquetes dificulta que as aduanas controlen se o seu contido respecto ás normas de calidade e seguridade europeas

As plataformas de venda poden repercutir nos consumidores o importe da taxa pero están obrigadas a informar do prezo final

Europa prepara unha segunda taxa de xestión para estes envíos que podería ser de 2 euros


Rematado o curso, volven as ringleiras de estudantes para alugar un piso

01/07/2026 13:46

Superados os exames, o que toca agora para os universitarios é buscar e alugar o novo piso para o vindeiro ano

A misión non é nada fácil, por iso hoxe, ás portas das inmobiliarias de Santiago, ringleiras e ringleiras de estudantes pasaron a noite para ser dos primeiros en reservar


Foto de arquivo/Europa Press

A gasolina sobe 10 céntimos litro e o diésel tres pola retirada de bonificacións

01/07/2026 08:10

Tras máis de tres meses reducido a un 10%, o IVE volve a un 21%

Competencia publicará a lista das gasolineiras que aproveiten as axudas para aumentar beneficios

As estacións deberán habilitar unha canle de reclamación visible, accesible e gratuíta no propio establecemento e na súa páxina web


O turismo faise forte en Ferrol

30/06/2026 12:23

As visitas ás oficinas de turismo da cidade medraron un 40 %

Máis da metade dos visitantes eran peregrinos do Camiño Inglés


Jesús Hellín / Europa Press

O IVE de carburantes volve ao 21 %, pero continúa rebaixado o imposto de hidrocarburos

29/06/2026 08:15

A rebaixa do imposto de hidrocarburos suavizarase progresivamente para situarse en 15 céntimos por litro en xullo, 10 en agosto, 5 en setembro e a súa retirada en outubro

Mantense a axuda directa de 20 céntimos por litro de gasóleo para agricultores e transportistas

O Goberno estima que a economía medrará o 2,6% no 2026


A Xunta licita os proxectos de urbanización de sete plans residenciais para construír case 15.000 vivendas

29/06/2026 13:41

A Administración autonomica agarda que nestes sete Proxectos de Interese Autonómico (PIA) se poidan iniciar as obras de urbanización no próximo ano


Surtidores da gasolineira afectada

Un surtidor de Ribadeo deu gasóleo en vez de gasolina durante cinco horas

29/06/2026 13:58

A gasolineira puxo unha páxina á disposición dos donos dos vehículos afectados, que poderían ascender a medio cento

Publicidade
Publicidade