Christine Lagarde deixará a presidencia do BCE oito meses antes do previsto
O español Pablo Hernández de Cos, actual director xeneral do Banco de Pagos Internacionais (BPI) e antigo gobernador do Banco de España é un dos candidatos favoritos
Lagarde, que foi ministra de Finanzas de Francia, dixo que quería participar nas eleccións presidenciais francesas do próximo ano ante a forte inestabilidade política que vive Francia actualmente, aínda que ela mesma non quere ser candidata
Arquivo Reuters
A presidenta do Banco Central Europeo (BCE), a francesa Christine Lagarde, informou este xoves ao Consello de Goberno e ao presidente do Consello Europeo, António Costa, de que deixará o seu cargo o 7 de febreiro de 2027, oito meses antes de que conclúa o seu mandato a finais de outubro do próximo ano.
O BCE dixo nun conciso comunicado que "o sucesor da presidenta Lagarde será nomeado polo Consello Europeo", como establece o procedemento de nomeamento establecido no Tratado de Funcionamento da Unión Europea (UE).
O Consello de Goberno expresou o seu profundo agradecemento á presidenta Lagarde e brindoulle unha longa ovación.
A dimisión de Largade prodúcese nun momento no que aumenta moito a rendibilidade da débeda soberana de Francia e a economía da zona do euro ten que afrontar unha elevada inflación debido ao encarecemento da enerxía pola guerra en Irán.
Desde hai tempo había rumores de que Lagarde deixaría o seu cargo de presidenta do BCE antes de que se celebrasen as eleccións presidenciais en Francia, nas que a líder da dereita radical Marine Le Pen, parte como a favorita.
Deste xeito, o actual presidente francés, Emmanuel Macron, poderá influír na elección do próximo presidente do BCE, na que o español Pablo Hernández de Cos, actual director xeral do Banco de Pagos Internacionais (BPI) e antigo gobernador do Banco de España é un dos candidatos favoritos.
Lagarde, que foi ministra de Finanzas de Francia, dixo que quería participar nas eleccións presidenciais francesas do próximo ano ante a forte inestabilidade política que vive Francia actualmente, aínda que ela mesma non quere ser candidata.
Ata o de agora, non dixo que vai facer tras a dimisión, aínda que hai rumores de que podería asumir a presidencia do Foro Económico Mundial.