Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta prorroga ata final de ano as medidas fronte á dermatose nodular contaxiosa no gando bovino

A Xunta prorroga ata final de ano as medidas fronte á dermatose nodular contaxiosa no gando bovino

Con esta resolución seguen permitidas as feiras, certames puxas, mercados e concentracións de gando bovino coa finalidade comercial, aínda que só con asistencia de animais de explotacións galegas

G24.gal 29/10/2026 11:50

A Consellería do Medio Rural prorroga ata o 31 de decembro as medidas cautelares fronte á dermatose nodular contaxiosa no gando bovino.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves a resolución da Consellería do Medio Rural pola que amplía o período destas medidas que decaían a finais de outubro.

"A pesar da evolución favorable da situación epidemiolóxica en Cataluña e Aragón e as medidas adoptadas por parte destas comunidades autónomas, así como o plan vacinal instaurado en certas zonas de España, considérase aconsellable manter as medidas cautelares establecidas na Comunidade Autónoma de Galicia con respecto a esta enfermidade tras a análise do risco sanitario existente actualmente", explica Medio Rural.

Deste xeito, con esta resolución seguen permitidas as feiras, certames, poxas, mercados e concentracións de gando bovino coa finalidade comercial, aínda que só con asistencia de animais de explotacións galegas.

Os vehículos procedentes de fóra da comunidade que acudan a estes eventos deberán acceder ás instalacións baleiros, limpos e desinfectados.

Con respecto á celebración extraordinaria de concursos, certames, poxas e exhibicións, continuará sendo necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, no seu caso tamén coa asistencia só de animais procedentes de explotacións galegas.

Vixilancia veterinaria 

De igual modo, mantense o período de vixilancia veterinaria oficial vixente, de 28 días para todos os bovinos procedentes de explotacións localizadas fóra de Galicia -con destino a vida-, desde a data da súa incorporación á explotación de destino.

Todos os animais das granxas que incorporen bovinos procedentes doutras partes do territorio español ou do estranxeiro quedarán inmobilizados de forma cautelar durante o mesmo período de tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade