Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atrasos e cancelacións no transporte ferroviario coincidindo coa folga de 24 horas dos maquinistas de Renfe

Atrasos e cancelacións no transporte ferroviario coincidindo coa folga de 24 horas dos maquinistas de Renfe

O paro, convocado o pasado 16 de outubro para esixir melloras en materia de seguridade, mantívose malia o tráxico accidente de Toledo

O Ministerio de Transportes estableceu uns servizos mínimos do Servizos mínimos do 73% na alta velocidade

O paro repercute nas conexións de alta velocidade entre Vigo e Madrid e en media distancia entre varias cidades galegas

Gustavo Valiente/Europa Press Gustavo Valiente/Europa Press
G24.gal 29/10/2026 07:29

O sindicato de maquinistas Semaf iniciou ás 00:01 horas deste xoves a folga de 24 horas convocada en Renfe en demanda de melloras estruturais de seguridade e do cumprimento dos compromisos adquiridos.

A folga, convocada  o pasado 16 de outubro. mantívose a pesar do accidente ferroviario de Toledo.

O sindicato Semaf reclama protocolos reais e vinculantes ante alertas meteorolóxicas e unha normativa clara que coordine as comunicacións en situacións de risco e que se apliquen correctamente as interrupcións nos tempos de condución.

Así mesmo, esixe solucións técnicas reais e definitivas aos problemas de seguridade e fiabilidade que arrastra no material rodante e pide que se desbloqueen os coeficientes redutores da idade de xubilación.

Tamén os maquinistas de Renfe esixen que non se recorte nin se cambie o criterio no protocolo de atención aos profesionais que se ven envoltos nun arrollamiento.

Pola súa banda, Renfe asegura que as reivindicacións alegadas por Semaf para levar a cabo esta mobilización exceden o seu ámbito competencial, polo que considera "incoherente que se convoque unha folga contra o seu servizo por cuestións alleas á compañía, como a normativa de tempos de condución, ou determinadas actuacións da inspección de Traballo, que tamén están fóra da súa capacidade de decisión".

Servizos mínimos do 73% en alta velocidade

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible estableceu uns servizos mínimos que, en Proximidades, fixáronse en función de diferentes franxas horarias.

En horario punta (de 06:00h a 09:00h; de 13:30h a 15:30h, e de 18:30h a 20:30h), quedan establecidos no 75% do servizo habitual, e no resto do día, no 50%.

Nos trens de media distancia, fixouse unha media de 65% dos servizos habituais e, nos de alta velocidade/onga distancia, nun 73%, en tanto que, en mercancías, estableceuse unha porcentaxe do 26% do servizo programado.

Aínda así, Renfe explicou este mércores que os trens en servizos mínimos podían verse afectados tras o accidente ferroviario, polo que recomendaban non viaxar.

Ademais, Proximidades Madrid informou de que o seu servizo se vai a ver moi afectado este xoves pola folga, polo que recomendan buscar medios alternativos. 

Estes son os trens afectados en Galicia pola folga dos maquinistas

A folga afectará a distintos servizos ferroviarios con orixe ou destino en Galicia, entre eles conexións de alta velocidade e longa distancia entre Vigo e Madrid, así como trens de media distancia entre varias cidades galegas.

Nos servizos comerciais, a listaxe de Renfe sinala como afectados un tren entre Madrid-Chamartín e Vigo-Urzaiz, con saída ás 08.26 horas e chegada ás 12.34, e outro en sentido contrario, que partirá de Vigo ás 13.37 e chegará a Madrid ás 17.37.

Tamén figuran como afectados os catro servizos transfronteirizos entre Vigo-Guixar e Valença do Minho. Así mesmo, aparecen afectados un tren Lugo-Ourense, con saída ás 18.30 e chegada ás 20.15, e outro Ourense-Lugo, que circularía entre as 20.55 e as 22.40 horas.

Nos trens de servizo público, a listaxe recolle varias conexións afectadas entre Santiago de Compostela, Vigo-Guixar e Vilagarcía de Arousa. Desde Santiago, figuran como afectados os servizos con destino a Vilagarcía das 11.00 e as 19.34 horas, e os que teñen como destino Vigo ás 15.11, as 20.40 e as 22.10.

En sentido contrario, aparecen afectados os trens Vigo-Santiago das 06.48, as 17.08 e as 18.30, así como os Vilagarcía-Santiago das 12.00 e as 20.42 horas.

O eixo A Coruña-Ferrol tamén rexistra alteracións. Están sinalados como afectados os trens A Coruña-Ferrol das 07.30, as 15.04 e as 18.32 horas, e os Ferrol-A Coruña das 05.40, as 09.10, as 17.41 e as 20.36. A eles súmanse un servizo Monforte de Lemos-A Coruña, con saída ás 07.30, e outro A Coruña-Monforte, ás 19.35 horas.

Ademais, figuran afectados os trens Ferrol-Ribadeo das 10.45 e Ribadeo-Ferrol das 15.00 horas; os servizos Ourense-Lugo das 12.32 e Lugo-Ourense das 14.41; e as conexións O Carballiño-Ourense das 07.50 e as 15.00, e Ourense-O Carballiño das 14.30 e as 21.13.

A relación inclúe tamén como afectados o tren Ponferrada-Ourense das 06.15 horas e dous servizos con observación de autobús: Vigo-Guixar-Ponferrada, ás 13.45, e Ourense-Vigo-Guixar, ás 10.05.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade