Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta esixe a blindaxe dos fondos da PAC para garantir a sustentabilidade do sector primario

A Xunta esixe a blindaxe dos fondos da PAC para garantir a sustentabilidade do sector primario

Gómez instou o ministro e o Goberno de España a pelexaren por un orzamento suficiente e mostrou o seu desacordo coa rebaixa do 20 % dos fondos, entre outras decisións

EuropaPress/ MONICA ARCAY CARRO EuropaPress/ MONICA ARCAY CARRO
G24.gal 22/10/2026 08:34

A conselleira de Medio Rural María José Gómez reclamou este mércores que os fondos da Política Agraria Común, en especial os dedicados ao desenvolvemento rural, sigan estando blindados nos orzamentos da Unión Europea.

Fíxoo durante a súa participación, por videoconferencia, nas reunións da Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural e dos consellos consultivos de política agrícola e política pesqueira, presididos polo ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación Luis Planas.

Nestas reunións, Gómez instou o ministro e o Goberno de España a pelexaren por un orzamento suficiente e mostrou o seu desacordo tanto coa rebaixa do 20 % dos fondos como coa desaparición do segundo piar da PAC (desenvolvemento rural), que se incluiría dentro dun fondo común no que outros departamentos (consellerías ou ministerios) poderían acceder tamén a eses recursos, dentro do marco financeiro plurianual.

Ademais, a conselleira tamén demandou ao ministro que á súa vez solicite na UE unha moratoria na entrada en vigor do caderno dixital das explotacións, previsto para o 1 de xaneiro de 2027. Segundo Gómez, se non se adopta esta medida, as pequenas granxas e produtores de Galicia van ter que facer fronte a un sobrecusto para pagar a quen lles leve a cabo esa xestión, nun momento especialmente delicado para o sector.

En relación ás dificultades do sector, a titular de Medio Rural criticou a demora na repartición, no Estado, dos fondos comunitarios da axuda financeira de emerxencia pola crise en Oriente Próximo, que se abordou nestas reunións.

Gómez advertiu de que as comunidades autónomas só dispoñen ata febreiro do próximo ano para publicar as ordes de axudas correspondentes e facer efectivo o pago e lembrou ademais que os 1,6 millóns de euros procedentes de Europa van ser complementados con outros 2 millóns de euros a través de fondos propios da Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade