A muller que prostituíu a súa filla menor de idade en Monforte ingresará en prisión
O Supremo rexeita o recurso da defensa pedindo a súa absolución
Ratifica dúas sentenzas previas que a condenaron a 29 anos de cárcere
Fracasou o último intento para eludir o cárcere da muller condenada por prostituír a súa filla menor de idade en Monforte.
O Tribunal Supremo rexeitou todos os argumentos do recurso da defensa que pedía a súa absolución por falta de probas e porque a vítima non declarou no xuízo. O alto tribunal considera que se fixo o correcto utilizando a declaración gravada da vítima. É o que prevé a lei en caso de abusos a menores para que non teñan que revivir as agresións.
A nai deberá cumprir por tanto os 29 anos de prisión impostos nas dúas sentenzas previas. Sentenzas que consideraron probados os feitos denunciados pola rapaza. Entre os 10 e os 14 anos a nai a entregou periodicamente a dous xubilados da vila para que abusaran dela a cambio de cartos.
Un deles faleceu antes do xuízo. O outro, que agora ten 90 anos, é un garda civil xubilado. Foi condenado no mesmo proceso a 14 anos de prisión e non recorreu a condena.