Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cans de concurso na casa, horas dedicadas a facelos brillar como estrelas

Cans de concurso na casa, horas dedicadas a facelos brillar como estrelas

Carlos Puime, xa xubilado, di dedicarlles todo o tempo ás súas mascotas

Durante décadas, o vigués foi acumulando todo tipo de premios como criador

G24.gal 21/10/2026 20:56 Última actualización 21/10/2026 21:34

Hai cans que parecen estrelas, e como tales son tratados. Para que luzan impecables, hai que dedicarlles cartos, tempo e todo un arsenal de cosméticos. Iso fai Carlos Puime, un xubilado vigués que pensa que por eles todo esforzo paga a pena.

"O meu mundo estivo sempre vencellado á xoiería, pero estes son outro tipo de xoia", exclama Carlos 

E os cans, si, brillan como xoias. Todo iso require tempo, e el asegura que lles dedica todo o seu tempo. Nótase esa dedicación con só abrir un caixón: unha tesoira por cada función.

"Para conseguir esta cor, este branco perfecto, que pasa? Que non pode pasar unha semana sen lavar. E lavar, secar e estirar son tres horas de traballo"

Indica Carlos cun sorriso que os seus cans teñen mellores cosméticos ca el.

"Champús de limpeza total, champús para hidratar, champú para texturizar, champú para branquear..."

​​​E tamén dispón de cepillos de pelo de xabaril de distintos grosores e peites de acabado, que poden ser de aceiro ou de aluminio en función do acabado que se busque.

"E as uñas, que se lles fan as uñas. Córtanse e logo límanse para que non molesten"

Ademais de peiteador de cans, Carlos foi ata hai pouco e durante décadas un exitoso criador.

"Teño dous campións do mundo feitos, campións de Europa... Máis dun cento de campións criados na casa"

E non cre que lles dedique demasiado.

"Non te venden por nada. Non hai amor máis incondicional ca o dun can cando convives con el"

Asegura Carlos que os cans danlle moito máis ca o que el lles dá a eles.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade