En tempos de reloxos intelixentes, os reloxos de pulso clásicos persisten
Cando os teléfonos móbiles permiten consultar a hora, levar reloxo no pulso é máis unha elección persoal. "Creo que en xeral se está a volver aos de pulseira de toda a vida e eu é o que uso agora".
Neste taller de reloxería confírmano: as pezas tradicionais son tendencia. "Hoxe en día xa non é unha necesidade, pero cada vez hai máis xente que o leva", asegura Carlos Sánchez, xerente de Dans Relojeros.
Modelos atemporais que se personalizan. "Nós o que máis traballamos é a correa de coiro. Tamén vendemos correa máis de moda como son as acríicas e as NATO que se están a vender agora moito", engaden desde Dans Relojeros.
O tecnolóxico tampouco se traduce nunha renuncia ao clásico. As pezas tradicionais conviven no pulso cos reloxos intelixentes. "Teño o normal, o de toda a vida, o de corda, pero case non o uso porque só podo ver a hora. Entón sempre ando con estes (intelixentes) porque son máis prácticos". "Eu no meu día a día reloxos cos que poida medir a miña actividade sobre todo a parte de cardio. Logo a nivel de festa ou para vestir, un reloxo típico de cadea de toda a vida".
Hainos coa súa propia historia: "É do meu avó. É antigo, tampouco é dunha marca moi potente, pero ten o seu valor emocional". Reloxos que son algo máis ca un accesorio que levar.