Publicador de contidos

Publicador de contidos

Expertos alertan do risco de perder habilidades humanas pola IA pero non de extinguirse

Expertos alertan do risco de perder habilidades humanas pola IA pero non de extinguirse

Participantes no Foro La Toja consideran que falar de extinción é "ciencia ficción" 

Advirten que a intelixencia artificial podería provocar que perdésemos a capacidade de ler ou escribir 

Participantes na mesa "A maioría de idade da IA" do Foro La Toja
G24.gal 02/10/2026 20:39

Expertos en Intelixencia artificial, que participaron este venres no Foro La Toja, alertaron do risco de perder habilidades humanas polo uso deses modelos, aínda que discrepan da posibilidade de que leve á extinción da humanidade nuns anos.

Na mesa 'A maioría de idade da IA', moderada por Enrique Goñi, presidente da Fundación Hermes, José Ignacio Latorre, director do Center for Quantum Technologies de Singapur, considerou que cada xeración "necesita sentirse apocalíptica" e na súa foi a "hecatombe nuclear", pero falar de "a extinción da especie pola IA parécelle "francamente esaxerado".

Nuria Oliver, cofundadora e vicepresidenta de ELLIS (Laboratorio Europeo de Aprendizaxe e Sistemas Intelixentes, en inglés), afirmou que é de "ciencia ficción a extinción" e advertiu de que non se poden "obviar" os intereses económicos de quen fai declaracións nesa liña.

Ela afirmou que coñecemos a punta do icerberg dos incidentes causados por axentes de IA e tamén alertou, aínda que sen evidencia, de que "cada vez máis os modelos teñen capacidade de escribir o seu propio código e, potencialmente automellorar".

Advirten do risco de ter cada menos pensamento pensamento crítico 

Así, sinalou como "importante entender que riscos" entraña a IA e, máis aló dos medioambientais polo consumo de enerxía, auga ou o uso de terras raras, citou, por exemplo, o de "perder habilidades humanas por delegalas" nestes modelos.

Oliver mencionou "o risco de non saber ler ou escribir ou cada vez ter menos pensamento crítico", aspectos que "nos definen", dixo, como Homo sapiens.

José Ignacio Latorre pechou a súa intervención apuntando que a IA ten un potencial "incrible para mellorar" a gobernanza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade