Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Belén de Valga inaugura a súa trixésimo segunda edición con máis de 3.000 pezas

O Belén de Valga inaugura a súa trixésimo segunda edición con máis de 3.000 pezas

Declarado de Interese Turístico de Galicia, este nacemento recibe unha media de 40.000 visitantes por tempada

Poderá visitarse de forma gratuíta ata o próximo 10 de xaneiro

G24.gal 22/11/2026 15:28

O Belén Artesanal en Movemento de Valga, en Pontevedra, con máis de 3.000 pezas, abriu este domingo as portas da súa trixésimo segunda edición, na que volverá combinar escenas tradicionais do Nadal con estampas da vida rural galega e acontecementos de actualidade.

Declarado de Interese Turístico de Galicia e organizado pola Asociación Cultural de Amigos do Belén de Valga, este nacemento, que recibe unha media de 40.000 visitantes por tempada, poderá visitarse de forma gratuíta ata o próximo 10 de xaneiro.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, participaron este domingo na súa inauguración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade