Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Nadal Bus percorre as rúas de Vigo con máis de 2.000 luces LED

O Nadal Bus percorre as rúas de Vigo con máis de 2.000 luces LED

O Nadal Bus realizará un itinerario circular de aproximadamente 40 minutos, con saída e chegada na parada de Urzáiz-Príncipe (A Farola)

O vehículo dispón de dous pisos, 78 prazas e unha praza adaptada para persoas con mobilidade reducida, co obxectivo de facilitar que o maior número posible de persoas poida gozar desta experiencia

Toda a información sobre horarios, reservas e características do servizo estará dispoñible na páxina web e na aplicación do Concello de Vigo, así como na web de Avanza-Vitrasa

Imaxe cedida polo Concello de Vigo Imaxe cedida polo Concello de Vigo
G24.gal 21/11/2026 20:02

A maxia do Nadal de Vigo volve subirse ao autobús. Vitrasa pon en marcha unha nova edición do Nadal Bus, unha das propostas máis características destas datas, que permitirá a vigueses e visitantes descubrir a iluminación e a decoración de Nadal da cidade a bordo dun autobús turístico de dous pisos.

Este ano, o Nadal Bus regresa cunha imaxe aínda máis luminosa, grazas á incorporación de máis de 2.000 luces LED que decorarán tanto o vehículo como o tótem informativo instalado diariamente na parada da Farola, punto de saída e chegada do percorrido.

Entre os espazos incluídos no itinerario destacan a rúa Urzáiz e a contorna do Centro Comercial Vialia Estación de Vigo, onde se sitúa o Cíes Market, ampliando así as posibilidades de descubrir os atractivos destas datas.

O servizo prolongarase durante a campaña de Nadal ata o 9 de xaneiro. A proposta consolídase como unha alternativa de lecer para familias, grupos de amigos e visitantes que desexen gozar do ambiente festivo da cidade dun xeito diferente. Na pasada edición, preto de 5.500 persoas participaron nesta experiencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade