Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mondoñedo lanza un xogo para coñecer o patrimonio cultural da cidade

Mondoñedo lanza un xogo para coñecer o patrimonio cultural da cidade

Consiste en facer un percorrido polos principais monumentos e contestar unha decena de preguntas sobre datos contidos na información turística de cada elemento 

G24.gal 21/11/2026 16:59

Os cuestionarios que forman parte da iniciativa “Descobre Mondoñedo xogando” están a disposición de quen o desexe. Hai que acertar polo menos seis das dez preguntas. A proposta supón deterse ante cada monumento.

"Tes que fixarte, non é so pasar por diante do monumento. Vai haber preguntas de inscripcións, de datas...", indica Anxo García, autor das preguntas. 

"Máis ou menos tardas en far todo o percorrido trinta minutos, tampouco leva tanto e así tamén vas coñecendo espazos que moitas veces pasas por alto ", engade Patricia Otero, concelleira de Turismo. 

O gañador recibe un diploma e un pequeño agasallo.

"A vila é moi bonita e seguro que ten moita historia que eu non coñezo. Con esas preguntas igual quedo con algo que non sabía", di un visitante que pasa estes días en Mondoñedo.

Veciños e comerciantes valoran a iniciativa que pon o foco no patrimonio mindoniense. 

"É unha maneira de espertar o interese na xente máis moza."

"Paréceme interesantísimo xogar coa historia e descubrir unha cidade a través dun xogo."

"Este tipo de actividades vainos moi ben aos comerciantes."

Inicialmente o xogo orientouse a mozos, pero está aberto a todo tipo de persoas que demostren coñecer Mondoñedo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade