Un cociñeiro profesional explica que marisco conxelar e como facelo
Case todo o marisco admite a conxelación, agás os percebes e as ostras
A maioría conxélase cocido, agás os moluscos bivalvos
Quen estea pensando en comprar marisco e conxelalo para as comidas e ceas do Nadal debe saber que case todo admite conxelación, agás os percebes e as ostras.
"Excepto o percebe que é un produto ao que lle cambia a textura ao conxelalo, demasiado. O resto paga a pena conxelalo", opina Miguel Seijas, xefe de cociña do restaurante Xoanes.
Pódese conxelar cocido ou crú, dependendo do uso que se lle vaia dar e do tipo de marisco que sexa. Centolos, nécora ou camaróns poden quedar bastante ben se se respetan uns mínimos.
"O primeiro é a cocción, o máis exacta posible en tempo. Logo arrefriar e cando o marisco está frío, envolvémolo cun trapo humedecido na auga da cocción e poñémolo nunha bolsa e conxelámolo a -18 graos que é a temperatura dos conxeladores domésticos", detalla Miguel Seijas, xefe de cociña do restaurante Xoanes.
Tan importante é o conxelado como a desconxelación.
Antes de cociñar estes crustáceos, haberá que deixalos desconxelar na neveira unhas 12 ou 24 horas.
Os moluscos bivalvos necesitan un proceso diferente. Hai que conxelalos en crú e cocíñanse sen desconxelalos previamente.
"A ameixa, de calquera tipo, e o berberecho, ben prensadiños e apretados, teñen que estar sempre moi frescos para que a cuncha esté pechada. A navalla, por exemplo tamén admite conxxelación e non fai falta desconxelala. Aínda que vaia á prancha, bótase conxelada", explica Miguel Seijas, xefe de cociña do restaurante Xoanes.
O produto non debería perder calidade nin textura se pasa tres ou catro semanas no conxelador.