Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trasladan un matrimonio ao hospital por inhalación de gas en Val do Dubra

Trasladan un matrimonio ao hospital por inhalación de gas en Val do Dubra

Os bombeiros informaron de que as ventás estaban abertas cando chegaron e as súas medicións deron negativas, polo que sinalaron que xa non había perigo

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 21/11/2026 11:16

Pasadas as 7 horas deste sábado, un particular solicitou ao 112 Galicia asistencia sanitaria para unha muller con dificultades para respirar nunha vivenda do Carral, na parroquia de Rial (Val do Dubra).

No interior do domicilio había un braseiro.

Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, os Bombeiros de Santa Comba e os voluntarios de Protección Civil de Val do Dubra. Tamén se informou aos técnicos da empresa subministradora do gas.

Finalmente, os servizos de emerxencias confirmaron o traslado de dúas persoas ao hospital. Tratábase dun matrimonio estranxeiro que estaba de alugueiro na vivenda.

Por outra banda, os bombeiros informaron de que as ventás estaban abertas cando chegaron e as súas medicións deron negativas, polo que sinalaron que xa non había perigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade