Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha fronte moi activa chega a Galicia este sábado

Unha fronte moi activa chega a Galicia este sábado

O domingo será máis estable, mais baixarán as temperaturas e volverán as xeadas a zonas do norte e do interior, antes da probable chegada de novas frontes

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 21/11/2026 09:10

O paso de varias frontes deixará este sábado choivas abundantes en Galicia e o noroeste de Castela e León, con precipitacións máis debiles noutras zonas do norte, o centro e Estremadura, así como vento moi forte en costas e montañas do norte e este peninsulares, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

O domingo será máis estable, mais baixarán as temperaturas e volverán as xeadas a zonas do norte e do interior, antes da probable chegada de novas frontes ao oeste peninsular a partir do martes.

Será unha xornada moi chuviosa en Galicia e o noroeste de Castela e León. Tamén poderá chover, aínda que de forma menos abundante, en boa parte do norte peninsular, a zona centro e Estremadura, con neve por riba dos 2.000 metros.

No resto do país iranse cubrindo os ceos, mais non choverá. Así mesmo, o vento será moi forte en zonas costeiras e en áreas de montaña do norte e do este peninsulares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade