Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bota a paus e bastonadas os atracadores violentos e armados que entraron na súa xoiería

Bota a paus e bastonadas os atracadores violentos e armados que entraron na súa xoiería

O asalto foi en xuño e agora a Garda Civil detivo os cinco integrantes da banda

O xoieiro xa se enfrontara do mesmo xeito a outro atracador en 2012

G24.gal 20/11/2026 18:55 Última actualización 20/11/2026 19:30

O atraco, gravado  polas cámaras de seguridade do comercio, ocorreu o pasado mes de xuño. Catro encapuchados entran nunha xoiería do concello madrileño de Humanes.  Un inmobiliza un cliente mentres o resto asalta os mostradores e golpea repetida e violentamente o propietario.  Lonxe de arredarse, a vítima deféndese co primeiro que atopa. O pau dunha vasoira. 

Algo de dano debeu facer porque un dos atracadores acode en auxilio do compañeiro e arrebátalle ao xoieiro o pau, xa roto, mentres o ameaza cunha pistola na cara.

Pero o propietario do local non se rende e faise no taller cunha nova arma defensiva máis contuntende. E así, a bastonadas, consegue que marchen a fume de carozo.


Seguindo as pistas de esta gravación a Garda Civil logrou finalmente agora identificar e localizar os delincuentes. Detiveron os catro atracadores e o cómplice que os agardaba fóra nun coche. 

Nos rexistros recuperáronse pezas de xoiería, reloxos, armas e ferramentas para a comisión dos roubos. Os detidos, de entre os 24 e 42 anos, teñen antecedentes por feitos semellantes.

Desta volta non sabían a quen se enfrontaban. O mesmo xoieiro xa impedira outro asalto en 2012 tamén a bastonadas. Daquela mesmo logrou reter o ladrón ata que chegou a policía.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade