Tres encapuchados armados con paus e ferros atracan unha gasolineira en Cambre
Unha veciña que ía mercar na tenda viu como os asaltantes fuxían nun coche sen matrículas
Valoran en 1.700 euros o roubado entre o efectivo da caixa, lotería e produtos da tenda
Investigan a relación con outros roubos rexistrados ultimamente na contorna da Coruña
Raquel adoita achegarse cada día a última hora do día ata o supermercado da gasolineira de Cecebre que esta en fronte da súa casa, pero este martes atopouse cunha situación inesperada. Foi testemuña directa do atraco que sufriu Christian, o traballador que ese día estaba de quenda a piques de pechar a xornada.
"Eu estaba aquí tan tranquilo e entraron dicindo 'isto é un atraco!!', e empezaron a romper as botellas como para meter medo xa".
Tamén Vanesa, a encargada do negocio foi testemuña directa do atraco á través do sistema de seguridade e alertou inmediatamente a Garda Civil.
Foi unha coincidencia que estaba mirando as cámaras e, de repente, vin como tres persoas estaban atracando; un levaba un pau e outro unha para de cabra
Valoran o roubado nuns 1.700 euros, entre o efectivo que había na caixa e os boletos de lotería e as mercadorías que colleron, entre outras cousas un bo lote de pizzas e bebidas. Raquel, a veciña, viu como fuxían nun Ibiza gris sen placas de matrícula. Todos eses datos e as imaxes das cámaras da gasolineira xa están incorporadas á denuncia. A Garda civil está investigando o caso e vendo se ten relación con outros semellantes rexistrados nas últimas semanas noutros establecementos da área metropolitana da Coruña.