Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remata o xuízo contra o mozo acusado de dobre intento de asasinato en Pontevedra

Remata o xuízo contra o mozo acusado de dobre intento de asasinato en Pontevedra

A declaración do acusado, coñecido nas redes sociais como Minibull, pecha esta segunda sesión na que compareceron médicos forenses, axentes de policía e testemuñas presenciais da pelexa

G24.gal 11/11/2026 14:48

Os médicos forenses do Imelga ratificaron diante da xuíza que o acusado non actuou afectado dun episodio psicótico. Tampouco baixo os efectos de consumir alcol ou drogas.

Carlos, coñecido en redes sociais como Minibull, enfróntase a 30 anos de cadea por, supostamente, intentar matar a puñadas a Víctor e Hugo en febreiro de 2025, nunha zona de locais de ocio nocturno en Pontevedra.

"Ninguén discute que houbo un ataque cunha navalla e que ía a zonas vitais, que era a navalla que empuñaba o acusado e que había antecedentes de ameazas", di Faustino Seoane, avogado de Hugo.

"Poderase discutir se había intencionalidade ou non, nós entendemos que si". "As capacidades intelectivas e volitivas do agresor non se poñen en dúbida", Diego Huerta, avogado de Víctor.

A defensa do acusado intenta probar que Carlos, diagnosticado cun trastorno de personalidade e a tratamento, actuou sen intencionalidade. Mantén que os feitos que se xulgan aconteceron durante unha pelexa na que foi provocado polos irmáns feridos.

"Carlos foi acosado e acometido, non á inversa. El foi  ferido antes cunha botella e intenta escapar. Non cabe nin asasinato nin homicidio en grao de tentativa". "Estamos falando de 30 anos mesmo en dous", Manuel Carpintero, avogado do acusado.

O xuízo quedou visto para sentenza, na Audiencia Provincial de Pontevedra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade