Veciños de Chapela, contra os grafiteiros que estragaron unha fachada acabada de arranxar
A comunidade gastou mais de 90.000 euros nunha obra que aos dous meses foi vandalizada
Non é o mesmo unha intervención artística ca unha pintada. Que llelo digan aos veciños de Chapela, en Redondela, que gastaron 90.000 euros en arranxar unha fachada que dun día para outro apareceu chea de graffiti. Unha derrama de 6.000 euros por vivenda, que supuxo un grande esforzo, e que nuns meses amenceu cheo de pintadas.
Greta Lorenzo, presidenta da comunidade de veciños afectada polos graffteiros, di que é puro vandalismo, que non se pode consentir. Entenden que a xente queira expresarse artisticamente, pero non deste xeito.
Teñen claro que unha cousa é una intervención artística e outra moi distinta invadir e vandalizar un espazo privado.
Os veciños de Chapela están afeitos ás pintadas que se multiplican polos muros, camiños e edificios deste barrio de Redondela. Todos os días espertan con novidades. Outra cousa ben distinta son as intervencións artísticas coma esta de Pilar Alonso no antigo apeadoiro de Chapela que é o destino final da chamada senda verde.