Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparecen varios coches con graffiti na contorna da estación de Ourense

Aparecen varios coches con graffiti na contorna da estación de Ourense

Non é a primeira vez que viven episodios de vandalismo nos vehículos que están na vía pública

Novo episodio de vandalismo no ourensán barrio da Ponte
G24.gal 06/11/2026 15:00

"Antes de onte creo que foi, de madrugada, alguén pintou un montón de coches, entre eles este, non sei a razón", conta o propietario dun taller de coches

Pintados con pintura de spray verde. Así amenceron case unha decena de coches aparcados na rúa San Rosendo e outras adxacentes da contorna da estación de tren de Ourense. Agora toca avaliar os danos. A dos parabrisas vai saíndo, pero o problema é a da carrocería.

 "Eu creo que hai que pintar, porque estivemos probando e non sae a pintura, vaia limpando non sae", apunta outro.

A broma vailles saír cara aos propietarios dos coches.

"Pintar un coche hoxe igual anda en 1.200 tranquilamente".

A preocupación entre os veciños é manifesta. Non é a primeira vez que viven episodios de vandalismo nos vehículos que están na vía pública.

"Apareceron aí atrás rodas picadas".

"Á parte hai moitísimos roubos nos coches, parten cristais, hai bastantes problemas diso".

"O vandalismo aquí dende que puxeron a estación de autobuses, iso foi continuo, ou sexa, o tema da drogadicción e todo iso", comenta unha veciña.

Algúns residentes sospeitan que os graffiti desta semana poden estar relacionados con outro dos problemas que hai na zona, a falta de estacionamento.

"Seica houbo xente que se queixou que os dos garaxes de reparacións deixaban aquí os coches e non hai zonas onde aparcar, aquí a Ponte é unha zona moi difícil para atopar aparcadoiro entón pódeche vir por aí a cousa", continúa a veciña.

Sospeitan dalgún veciño molesto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar