Existe o chamado privilexio da beleza?
En plena era da imaxe e das redes sociais vólvese falar moito do chamado pretty privilege
Concepto sociolóxico segundo o cal as persoas máis guapas teñen máis vantaxes ou oportunidades en diversos ámbitos da vida
Entra en xogo o efecto halo, segundo o cal tendemos a atribuír cualidades positivas ás persoas máis atractivas
Existe o chamado privilexio da beleza? Realmente os máis guapos teñen máis oportunidades?
"Eu considérome guapo e creo que si tes máis facilidades".
"Eu creo que si, houbo ocasións nas que me foi máis fácil conseguir cousas".
"Eu creo que si, que o aspecto físico ten repercusión na vida social, cultural, política... Estamos acostumados a que a xente guapa é a que triunfa".
"No ciclo que estudo dinnos moito que moitas veces preguntan pola aparencia".
Malia que na rúa todos concordan en que de primeiras a aparencia inflúe, non se esquecen doutras cualidades.
"Hai outros valores como simpatía ou expresividade".
"Por se guapo creo que nalgunhas profesións si pero a min paréceme inxusto. Eu ante escoller unha persoa fea e amable ou unha guapa e estirada prefiro a fea e amable".