Medio cento de bonecas Nancy vestidas con pezas tradicionais galegas
A mostra, que se pode ver en Santiago, pretende amosar os traxes auténticos e non os "folclorizados"
Unha Nancy que leva no brazo o chamado mandil de mostra, así que igual ía camiño da misa. Ao entrar na igrexa, poñería na cabeza o mandil de mostra.
"Eran mandís que facían no tear e que colocaban así para ir á misa ou para cubrirse", indica Susana Peleteiro, comisaria da mostra
E sirva tal, para comezar a falar desta mostra, montada para divulgar unha cousa.
"O que era a autenticidade do que vestiron os nosos devanceiros"
Lanzouse a estudar tales vestiduras, máis alá do traxe folclorizado que vemos na mostra nunha foto dos anos 70 en que Susana é a gaiteira da esquerda.
"Houbo un proceso histórico de folclorización e de tipismo. Non era tanto un retrato real da realidade coma unha idealización", explica Susana
E ocorréuselle divulgar o auténtico traxe tradicional galego con bonecas.
"A Nancy é moi xeitosiña para facer o traxe reamente a escala. Falla un pouquiño a cabeza porque é moi grande, pero vaia..."
Escolleu bonecas por transportables. Estiveron, de feito, en Chile.
"Foi a primeira mostra alí. Despois estivo na Casa de Galicia en Madrid, en Vitoria, en Valencia, en Castellón...", apunta a comisaria
Ela mesma coseu as pezas deste medio cento de bonecas. Unha delas ten un aire a Rodrigo Cuevas, pero o modelo era un padriño de voda de Culleredo.
"Normalmente eran traxes para voda que logo eran un tesouro na casa e eran un patrimonio que se deixaba como legado nas herdanzas"
Vemos unha foto de Ruth Matilda Anderson. Ano 1925. Lestedo. E vemos a Nancy inspirada naquela realidade.
"Era unha forma de vestir, non unha moda", resume Susana
Aquela auténtica realidade.