Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Garda Civil investiga a malleira que sufriu un home nun aparcadoiro do Porriño

A Garda Civil investiga a malleira que sufriu un home nun aparcadoiro do Porriño

A vítima acabou no hospital con varias fracturas e a perforación dun pulmón

G24.gal 22/10/2026 18:23 Última actualización 22/10/2026 19:24

A Garda Civil investiga a malleira que sufriu un home nun aparcadoiro da parroquia de Torneiros, no municipio pontevedrés do Porriño, e que acabou co afectado no hospital. 

Os feitos tiveron lugar na madrugada do pasado sábado, 15 de outubro, cando un ou varios individuos propinaron golpes a outro nun aparcadoiro situado nas proximidades dunha escola infantil.   

As feridas sufridas pola vítima motivaron que tivese que acabar ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, con varias fracturas e a perforación dun pulmón. O home xa foi dado de alta, pero os axentes continúan coa investigación para esclarecer o que ocorreu e identificar os agresores.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade