Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacúan dúas persoas no incendio dunha vivenda en Nigrán

Evacúan dúas persoas no incendio dunha vivenda en Nigrán

A orixe do lume puido deberse a un problema eléctrico

G24.gal 22/10/2026 16:40

Unha vivenda no lugar de Patos, en Nigrán, sufriu importantes estragos debido ao incendio que se declarou posiblemente debido a un problema eléctrico.
O lume non causou danos persoais.

A parella de maiores que vive na casa que ardeu non sufriu máis danos que o susto que levaron cando a asistenta os sacou da vivenda unifamiliar.

O incendio orixinouse contra as 9 e media da mañá no primeiro piso, nun cuarto que ardeu por completo. O resto do andar quedou afectado polo fume.

O ático tamén sufriu danos polo fume, pero a planta baixa quedou habitable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos