Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ante un incendio no coche o máis importante é poñerse a salvo

Ante un incendio no coche o máis importante é poñerse a salvo

Tanto se estamos en ruta como se non, o primeiro que debemos facer se se incendia o coche é sinalizar se se pode e saír fóra

G24.gal 20/10/2026 13:41

Nos últimos días arderon ata cinco coches mentres estaban estacionados e nun caso mesmo co condutor no seu interior. Aconteceu en Nigrán, A Coruña e en Vigo.

No de Nigrán o lume prendeu con forza. O coche estaba aparcado na rúa, diante da casa dos propietarios. Espertaron sobresaltados e saíron axiña para intentar apagalo. Un acto reflexo que non sempre está indicado. O coche quedou completamente calcinado. Foi precisa a intervención dos bombeiros. Tanto se o vehículo está estacionado como se estamos en ruta cómpre poñernos a salvo.  Segundo Roberto Carlos Iglesias Collazo, cabo do Consorcio da Coruña "é o máis importante para non inhalar os gases de combustión". 

Na parroquia viguesa de Valadares, repetíase a mesma situación. Coche ardendo, tamén de madrugada pero, desta volta cun compoñente inesperado: o seu condutor, un mozo de 26 anos, estada durmindo no interior. Por sorte un grupo de rapaces que pasaba pola zona espertouno e sacouno para fóra sen sufrir ningún dano. Novamente sinalizar e agardar polos bombeiros é a mellor opción.

Na mesma madrugada que os outros dous coches, tres turismos ardían nunha rúa da Coruña. Houbo risco de que as lapas alcanzasen outros vehículos estacionados nas proximidades. Segundo as primeiras pescudas, o lume puido orixinarse por causas fortuítas.

Os bombeiros acoden con frecuencia a este tipo de sinistros. Coa cada vez maior presenza de turismos eléctricos nas nosas estradas preguntámonos se presentan máis risco de incendiarse que os de combustión tradicional. Iglesias Collazo, cabo do Consorcio da Coruña, é rotundo: "Non hai máis incidencia de incendios en coches eléctricos que de combustión. Teñen outros riscos pero afectan, sobre todo, a forma de actuar dos bombeiros, non a do condutor, que tamén debe priorizar poñerse nun lugar seguro".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade