Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenan tres persoas que agrediron un condutor que lles 'quitou' o sitio onde ían aparcar

Condenan tres persoas que agrediron un condutor que lles 'quitou' o sitio onde ían aparcar

Terán que pagar 1.400 euros de multa cada un e unha indemnización de preto de 1.500 euros ao condutor agredido

A Audiencia de Pontevedra confirma a condena previa dun xulgado de Vigo polos feitos ocorridos en 2023

 

 

G24.gal 21/10/2026 15:17

Na zona da ponte romana, próxima ao estadio de Balaídos, non é doado atopar onde aparcar.

A urxencia por atopar un sitio fai que as prazas estean moi disputadas e mesmo se chegue a poñer en práctica a polémica fórmula da reserva, na que un peón ocupa unha praza agardando que chegue o coche doutra persoa.

Non todo o mundo responde por igual ante unha situación así.

A Audiencia de Pontevedra acaba de confirmar unha condena para tres persoas que en 2023 agrediron o condutor que ocupou a praza que unha delas estaba reservando, nunha travesía desta zona de Vigo.

Segundo a sentenza, o tiraron ao chan, pegáronlle puñadas e patadas e raiáronlle o coche. 

Os condenados neste caso terán que pagar 1.400 euros de multa cada un e unha indemnización de preto de 1.500 euros ao condutor agredido. 

A norma prioriza que a praza é para o vehículo que chegue primeiro; non valen as reservas que fan algúns peóns A norma prioriza que a praza é para o vehículo que chegue primeiro; non valen as reservas que fan algúns peóns
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade