Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumenta en Galicia a demanda de alugueiro de vehículos

Aumenta en Galicia a demanda de alugueiro de vehículos

O 20 % das matriculacións son de coches de renting para empresas e cada vez máis para particulares

O 71 % dos usuarios galegos son particulares e autónomos que buscan seguridade nos gastos mensuais

O alugueiro de coche por días ten un custe máis elevado que o 'renting', pero é máis flexible
G24.gal 21/10/2026 15:18

Os empresarios do sector de alugueiro de vehículos celebran en Sanxenxo o seu congreso anual. Analizan os retos aos que se enfrontan nun momento de forte expansión en que se matriculan máis de 200.000 coches novos cada ano. E Galicia non é allea a ese momento de auxe.

" Agora mesmo está medrando e prevemos ademais un incremento forte para o ano 2027 pensando que é Xacobeo", apunta Jesús Lurigados, presidente da Asociación Empresarial de Alugueiro de Vehículos con e sen Condutor de Galicia

Turistas, empresas e cada vez máis particulares alugan coches en vez de comprar.

 "Para non cargar cunha serie de custos fixos pódelles ser moito máis cómodo utilizar ese servizo cando o necesitan realmente", explica Mar Fuentes, presidenta da Federación Nacional Empresarial de Alugueiro de Vehículos con e sen Condutor de España.

A demanda de coches de alugueiro vai parella ao aumento da oferta empresarial

"Xa non só que veñan empresas de fóra que tamén veñen que finalmente son empresas grandes, senón empresas que se están configurando e montado aquí de novo", continúa Jesús Lurigados

En Galicia medra o modelo de alugueiro por días, pero tamén por períodos máis longos. 

"Ten un comportamento que está por riba do mercado cun crecemento en frota constante por riba do 9 %", indica José Martín Castro, presidente da Asociación Española de Renting de Vehículos.

Historicamente estaba reservado a frotas de empresa. Agora o seu uso democratizouse e chega aos particulares, e non só aos das grandes cidades.

 "Pagas unha cota mensual e tes incluído absolutamente todo. O custo medio que identificamos en España soen ser uns 440 euros mensuais e ademais non ten sorpresa".

Son os novos os máis dados a ese cambio de mentalidade

"Queren algo que non sexa un compromiso moi longo, 2,3, anos é perfecto e xa veremos porque a vida cambia e os vehículos tamén".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade