Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un mozo de 26 anos sae ileso tras incendiarse o seu coche no que adormecera

Un mozo de 26 anos sae ileso tras incendiarse o seu coche no que adormecera

Un grupo de persoas que paseaba pola zona espertouno antes de que o coche quedara totalmente calcinado

G24.gal 18/10/2026 11:24

Un mozo de 26 anos sae ileso tras adormecer no interior do seu coche mentres este comezou a arder en Valladares, Vigo.

O suceso tivo lugar na madrugada deste domingo no camino de Pinguela, preto do cemiterio da Parroquia, arredor das 05:10 horas.

Varias persoas que pasaban pola zona atoparon un coche en chamas cunha persoa no seu interior. Por sorte, deu tempo a espertalo e evacualo sen sufrir danos persoais.

Ata o lugar achegáronse os Bombeiros de Vigo, dende o parque Esturáns, e a Policía Local. Os efectivos conseguiron apagar as lapas e só determinaron danos materiais.

Aínda non se sabe as causas do inicio do lume do vehículo, un Citroën Xsara.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade