Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os bombeiros tratan de sufocar en Vigo un incendio no garaxe dun edificio da rúa Pizarro

Os bombeiros tratan de sufocar en Vigo un incendio no garaxe dun edificio da rúa Pizarro

O lume iniciaríase no garaxe subterráneo do inmoble debido posiblemente a que estaba a arder unha moto no seu interior

G24.gal 16/10/2026 12:58

Os servizos de emerxencias tratan de sufocar un incendio rexistrado no garaxe dun edificio da rúa Pizarro de Vigo, que segundo as primeiras informacións non afectou ningún cidadán.

Fontes do 112 Galicia indicaron que o lume se iniciaría no garaxe subterráneo do inmoble debido posiblemente que estaba a arder unha moto no seu interior.

Foron varias as persoas as que alertaron, xa que o fume negro vese desde boa parte da cidade e estaba a alagar as zonas comúns do inmoble. As mesmas fontes explican que os profesionais sanitarios desprazáronse á zona, así como os bombeiros e a Policía Local.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade