Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous traballadores, feridos graves en Cualedro tras ser atropelados por unha máquina esparexedora de pedrullo

Dous traballadores, feridos graves en Cualedro tras ser atropelados por unha máquina esparexedora de pedrullo

Ambos os dous foron evacuados en senllos helicópteros medicalizados ao hospital de referencia

Arquivo 061 Arquivo 061
G24.gal 16/10/2026 12:57

Dous traballadores resultaron feridos de carácter grave tras ser alcanzados por unha máquina esparexedora de pedrullo.

Ambos os dous foron evacuados en senllos helicópteros medicalizados.

Preto das dez da mañá deste venres, o 112 Galicia recibiu un aviso por mor dun accidente con dous traballadores implicados na Xironda, en Cualedro.

Quen alertou a través do número único de emerxencias indicou que os dous foran atropelados por unha máquina esparexedora de grava e presentaban lesións importantes, polo que urxían a asistencia sanitaria.

Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron á zona senllos helicópteros con base en Santiago e Ourense.

Tras recibir os primeiros coidados, os traballadores foron trasladados por vía aérea ao hospital de referencia.

No operativo participaron, ademais, os axentes da Garda Civil e os Bombeiros de Verín, aínda que, á súa chegada, aos traballadores estaban liberados e accesibles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade