Falece un ciclista nunha estrada de Foz
Ao parecer sufriu unha indisposición cando circulaba pola LU-151, á altura da parroquia de Fazouro
Imaxe de arquivo
Un ciclista perdeu a vida este luns na localidade luguesa de Foz. Segundo informa o 112, pasadas a unha e media da tarde tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro (Foz).
De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz.
Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
🔴 #AXEGAInforma dun ciclista que perdeu a vida en Foz. 📍 Km. 1 da LU-151, Fazouro. ➡️ A persoa atopábase en parada cardiorrespiratoria e os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento. 🔗 https://t.co/FlUEE8xzx9 https://t.co/2TMRYHTlMg
— 112 Galicia (@112Galicia) October 12, 2026
Algunhas testemuñas sinalan que o falecido sentiuse mal, e foi un acompañante o que alertou aos servizos de emerxencias.