Rescatan cun helicóptero un home de 92 anos localizado nunha zona de rochas en Sanxenxo
Presentaba un golpe na cabeza, pero estaba consciente no momento do traslado ao Hospital Álvaro Cunqueiro
Un home de 92 anos, veciño de Dorrón, foi localizado este mediodía nunha zona de rochas da praia de Area de Agra tras botar en falta a súa presenza na casa.
Así o informa o Concello en relación cun aviso recibido no 112 arredor das 14.15 horas. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local, de Emerxencias e unha ambulancia, aínda que foi a filla quen o atopou previamente, tras decatarse de que faltaba do seu domicilio.
O home foi rescatado polo helicóptero Pesca I, do Servizo de Gardacostas de Galicia. Presentaba un golpe na cabeza, pero estaba consciente no momento do traslado ao Hospital Álvaro Cunqueiro.
No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil, a Policía Local e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Sanxenxo.
Tras avaliar a situación no lugar, os servizos de emerxencias confirmaron a mobilización do helicóptero Pesca I, do Servizo de Gardacostas de Galicia, que se encargou do rescate e do posterior traslado do home ao Hospital Álvaro Cunqueiro.