Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizada en bo estado a muller desaparecida no Pereiro de Aguiar

Localizada en bo estado a muller desaparecida no Pereiro de Aguiar

Estaba a 1.500 metros da residencia DOMUSVI na que vive, situada no lugar da Medorra

A anciá, que padece deterioración cognitiva, abandonara o centro ás sete da mañá

G24.gal 03/10/2026 12:15 Última actualización 03/10/2026 17:51

A muller de 84 anos desaparecida no concello do Pereiro de Aguiar foi localizada en bo estado a 1.500 metros da residencia DOMUSVI na que vive. A anciá, que padece deterioración cognitiva, abandonara o centro ás sete da mañá cunha bolsa de lixo negra na man.

Segundo informou o alcalde da localidade, Luís Menor, un dos coidadores decatouse da súa ausencia e, tras revisar as cámaras de seguridade, a dirección do centro comprobou que saíra a primeira hora vestida cun pantalón negro e unha saia por riba.

A Garda Civil coordinou o operativo de busca no que participaron varios grupos de emerxencias, entre eles o GES municipal, e voluntariado. Os labores de procura centráronse na contorna da residencia, situada no lugar da Medorra, na parroquia de Santa Marta de Moreiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade