Cargando resultados...
Evacuadas tres persoas tras arder a caixa de contadores dun edificio en Ribeira
Foi necesaria a evacuación do inmoble e do restaurante situado no baixo
FOTO: Bombeiros de Boiro
G24.gal
22/11/2026 18:43
Última actualización 22/11/2026 19:06
Tres persoas foron evacuadas a un centro hospitalario este domingo tras arder a caixa de contadores dun edificio de cinco andares na rúa Mariño de Ribeira.
O incendio, declarado ás 15:20 horas, encheu de fume as escaleiras e afectou o sistema de ventilación das vivendas, polo que foi necesario evacuar o inmoble e o restaurante situado no baixo.
No operativo participaron os Bombeiros de Boiro e de Ribeira, persoal sanitario do 061, o Grupo de Axuda e Emerxencias Municipal (GAEM) e a Policía Local.
FOTO: Bombeiros de Boiro