Feridas dúas persoas nun accidente múltiple cun camión implicado en Boborás
Ambas as dúas tiveron que ser excarceradas polos Bombeiros do Carballiño
Finalmente, un deles foi trasladado en helicóptero medicalizado
Imaxe cedida polo Concello de Boborás
Dúas persoas resultaron feridas nun accidente múltiple cun camión implicado en Boborás, Ourense, entre Noqueira e Brués.
Tiveron que ser excarceradas polos Bombeiros do Carballiño.
Un particular alertou da colisión arredor das 17.30 horas da tarde deste domingo. Segundo narraba, había varios vehículos implicados, entre eles un camión, e podía haber persoas atrapadas.
Ata o punto desprazouse un operativo composto por membros de Urxencias Sanitarias de Galicia 061, os Bombeiros do Carballiño, o GES de Ribadavia, a Garda Civil e operarios de mantemento da vía. Ademais, mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense.
A alcaldesa da localidade, Patricia Torres, indicou aos medios de comunicación que dúas persoas foron excarceradas polos bombeiros e resultaron feridas no accidente. Finalmente, un deles foi trasladado en helicóptero medicalizado.