Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha ambulancia perde o control e bate contra unha casa lindeira coa A-55 en Mos

Unha ambulancia perde o control e bate contra unha casa lindeira coa A-55 en Mos

É o segundo accidente que sofren os propietarios na mesma semana

Ambulancia tras o accidente.
G24.gal 18/11/2026 15:34

Unha ambulancia bateu o martes pola mañá cunha casa na A-55 á altura de Mos. É o segundo accidente deste tipo que sofren os propietarios da vivenda na mesma semana.

O venres foi un todo terreo o que levou por diante un muro e parte da decoración da casa, e este martes, a consecuencia das fortes choivas e do tráfico da mañá, unha ambulancia petou contra a mesma vivenda. Segundo explica o xefe de Emerxencias de Mos, Carlos Costas, "o condutor perdeu o control do vehículo e bateu contra a mediana do lado esquerdo da calzada e acabou entrando na leira da casa do outro lado".

Carlos Costas explica que en días como onte, con moito tráfico e moita choiva, estes accidentes non son unha novidade. Ademais, o lugar en que se produciu o sinistro é unha curva entrelazada, o que complica máis a situación.

A A-55 é recoñecida como unha das autovías con máis sinistralidade do noso país. O Goberno de España ten previsto construír unha nova autovía, mais veciños da zona propoñen outra solución: "eu creo que unha opción é abrir a AP-9. Iso quitaría moito tráfico da estrada, sobre todo dos vehículos pesados que non collen a autoestrada polo alto custo". 

Mentres non exista unha alternativa, os peóns seguirán camiñando pola vía para coller o autobús, os condutores terán que prestar máis atención á estrada e propietarios coma os veciños desta casa agardarán que non volva ocorrer un accidente similar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade