Cargando resultados...
Unha persoa ferida tras envorcar co coche na AP-9
Debido ao accidente cortouse a circulación na estrada, provocando longas retencións
G24.gal
14/11/2026 13:24
Unha persoa quedou ferida logo de envorcar co coche na AP-9, no punto quilométrico 83, sentido A Coruña. Por causas que se descoñecen o condutor perdeu o control e o vehículo acabou coas rodas cara arriba no medio do carril.
A parella que ía no vehículo puido saír polo seu propio pé, porén un deles tivo que ser atendido ao quedar ferido tras o accidente.
Ata o lugar achegáronse o persoal sanitario do 061, a Garda Civil de Tráfico e o GES de Padrón.
Debido ao accidente, acontecido arredor das 12:30 horas deste sábado, cortouse a circulación na estrada provocando longas retencións. Houbo que agardar ata a chegada dun guindastre para poder retirar o vehículo,