Interrompida a circulación ferroviaria entre Viveiro e Ribadeo pola caída dun coche á vía
O condutor conseguiu saír do vehículo e foi trasladado en ambulancia ao hospital
O accidente dun coche obriga a suspender a circulación ferroviaria na liña FEVE entre Viveiro e Ribadeo. Por causas que se descoñecen o vehículo saíu da vía e non quedou sobre a vía en si, senon nun latera da mesma pero moi preto da zona de tránsito dos trens. Foi na estrada provincial LU-1510 que comunica Cervo con Burela.
O Adif, informa nas súas redes sociais do corte da circulación.
⚠️ Se encuentra suspendida la circulación entre Viveiro y Ribadeo, de la línea de ancho métrico Ferrol - Ribadeo, por un vehículo de carretera invadiendo la vía.
— INFOAdif (@InfoAdif) November 9, 2026
Axentes da Policía Local foron os que avisaron do accidente ao 112, que á súa vez mobilizou á Garda Civil de Tráfico, aos bombeiros e a urxencias sanitarias.
Segundo confirmaron os servizos de emerxencias, o condutor estaba liberado e accesible. Tras recibir os primeiros auxilios foi evacuado en ambulancia ao hospital de referencia.
Será preciso un guindastre de gran tonelaxe para retirar o vehículo das inmediacións da vía.