Poxan na Coruña una colección de botellas valoradas en centos de miles de euros
Son 4116 pezas e só a colección de brandys supera en 200 botellas o récord Guinness
Unha galería de arte da Coruña pon a poxa unha herdanza moi especial. É unha enorme colección de botellas únicas, de whisky, de coñacs, de brandys. Varias casas de poxas do Reino Unido xa ofreceron por elas decenas de miles de euros.
A súa especialidade é catalogar e valorar obras de arte, pero esta vez a Camilo toucoulle outro tipo de colección.
Camilo Chas Director da Galería Artbys comenta que esta colección "é a paixón dunha vida enteira dedicada. Outra persoa na súa situación mercaría pisos, pero esta persoa coleccionou unha cantidade incrible de bebidas"
Levoulle máis dun mes facer o inventario, 4.116 botellas.
"Na sala número dúas que é a dos brandys, esta é unha das vitrinas á que o coleccionista lle tiña máis apego. Son botellas de 1730. Só a colección de brandys supera en 200 botellas o récord Guinness", di Camilo Chas.
Despois unha sala para whiskys.
"Unha das miñas botellas únicas preferidas é o whisky do Dépor. E despois temos tamén unha selección de botellas conmemorativas como a vida da princesa Diana ou outros eventos da familia real británica", engade Chas.
Destacan os Macallan, e a colección dos xaponeses.
"E na sala dos whiskys preside esta vitrina con cavas excepcionais como os que se beberon na visita de Eisenhower ou Gerald Ford", di o Director da Galería Artbys.
E unha última sala de licores variados. Hai ofertas de casas de poxas internacionais, por varios centos de miles de euros. Os herdeiros do coidadoso coleccionista coruñés valorarán que o legado quede sen dividir.