Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan o dono dun canario que apareceu nun bar da Coruña

Buscan o dono dun canario que apareceu nun bar da Coruña

Cando o propietario abriu a porta do seu establecemento non imaxinaba que dentro ía atopar un canario que non sabe cando nin en que momento entrou

O paxaro está identificado cun anel e sábese que é dun criador e que ten pouco máis dun ano

O establecemento que ten acollido o paxaro está no barrio dos Mallos
G24.gal 05/11/2026 15:51

Cando chegou a abrir o seu bar no barrio dos Mallos, Manuel non imaxinaba o que ía encontrar. Un canario agardábao no interior, a carón da cociña. Non sabe como puido entrar, nin quen é o seu dono.

Tras a sorpresa inicial, meteu o paxaro nunha caixa pequena, pero axiña xa atopou mellor acomodo para o canario. O paxaro está identificado cun anel e sábese que é dun criador e que ten pouco máis dun ano.

Difundiron a través das redes sociais a imaxe do canario, para intentar localizar o seu propietario. Pero, mentres non aparece, xa se encariñou con el, e mesmo lle puxeron nome. Pepiño, que así se chama, pasará a formar parte da familia se o dono non aparece.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar