Publicador de contidos

Publicador de contidos

A aventura da volta ao mundo vertical en veleiro

A aventura da volta ao mundo vertical en veleiro

Zarpou do porto de Vigo a expedición que acaba de dar a volta ao mundo nun veleiro

O curioso da súa historia é que o fixeron en vertical, pasando pola Antártida e Groenlandia

De regreso dun ano de navegación, fan balance dunha experiencia chea de aventuras

G24.gal 02/11/2026 20:01 Última actualización 02/11/2026 21:31

O soño de Paula e Pedro era facer unha ruta entre a Antártida e o Ártico. Un ano de navegación no que cruzaron os cinco océanos, e os dous círculos polares. "Tivemos encontros con ondas moi grandes, que fixeron peligrar a travesía enteira. Unha onda de 10 metros alcanzounos por popa no Atlántico sur e tivemos que facer unha parda de ía ssun mes para arreglar o barco. Fixo peligrar a expedición, pero foi dos mellores momentos porque perdimos as comunicacións e navegamos un pouco como antes", explica Paula Gonzalvo, capitana do barco.

Unha aventura que os leva agora de volta ao seu porto de saída, Castelló, tras unha parada loxística en Vigo. "Navegamos 70 días seguidos na Antártida, tamén navegamos ao sur de Australia, lugares que parecían lonxanos. Vivimos tamén episodio os complicados como case perder o barco ou cando case me leva o mar, pero foi todo fantástico", rememora Pedro Jiménez, capitán na travesía.

Na viaxe Paula e Pedro compartiron experiencia con outros navegantes e retransmitiron a travesía nas redes. Agora tócalles asimilar todo o vivido, ao tempo que xa soñan coa próxima aventura no mar.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade