A marca Lumecú de Vilar de Santos transforma teas antigas en pezas contemporáneas
Hai teas de tecidos naturais e tradicionais que levan décadas gardadas nun armario ou nun baúl
Agora nesas vellas reliquias volven á vida para inspirar novas pezas, poñibles e modernas, pero con toda a historia que teñen detrás
É o proxecto persoal da costureira e deseñadora Mercedes Veites, que combina a tradición coa moda contemporánea
"Está sacaba dunha saba de liño cun reberete toda feita a man e o que fixemos foi darlle unha nova vida como unha saia de traspaso", explica Mercedes Veites, a creadora da marca Lumecú en Vilar de Santos".
E o que era unha saba de liño agora é unha moderna saia para saír á rúa. A idea xurdiu neste taller de Vilar de Santos, onde Mercedes atopou unha gran variedade de teas e tecidos antigao.
"E dixen é unha mágoa que seguramente o haxa noutros lugares, noutras casas e que queden metidos neses armarios ou baúles e non se faga nada con eles", di a deseñadora e ceadora da marca Lumecú.
Incorporou esa idea a súa liña contemporánea. Agora a xente tamén leva as súas teas e Mercedes crea pezas únicas e con historia propia.
"Tivemos a persoas que no contaron a historia, a procedencia da tea, dos seus bisavós, os bordados das casa, das iniciais... Volver darlle vida aparte da historia que eles teñen é moi fermoso", asegura a creadora de novos deseños con teas e tecidos antigos e gtradicionais.
A súa marca Lumecú naceu no 2019, primeiro facendo os traxes tradionais da danza e a música galega, e traxes para o Entroido de Xinzo.
"A partir de aí empeceiu a combinar o que eu xa facía do traxe tradicional cunha marca contemoránea para poder levar na rúa", di a creadora de Lumecú.
No seu taller e tenda de Vilar de Santos Mercedes apostou por vivir e emprender no rural. Xusto estaba rematando de coser a man unha saia baseada nunha saia de gala tradicional galega, cos bordados típicos, pero un modelo máis curto e estreito, adapatado á actualidade. Unha peza creada exclusivamente para unha persoa que se dedica ao mundo da música e que poderán vela no prograama Luar da TVG.