Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas irmás de Friol preitean nos xulgados sobre quen coidou máis os pais

Dúas irmás de Friol preitean nos xulgados sobre quen coidou máis os pais

O testamento tiña unha cláusula relativa aos coidados moi común en Galicia

Unha das fillas demandou para ser declarada herdeira única

A Audiencia Provincial de Lugo considera que o repartimento da herdanza debe ser a partes iguais

G24.gal 14/10/2026 14:43

Á hora de revisar os testamentos e repartir as herdanzas xorden moitos conflitos. Foi o que aconteceu cunha familia de Friol. Había unha cláusula especial e unha das fillas quería ser herdeira única.

"É unha cláusula moi típica no rural galego. Cando obriga un dos fillos a coidar os pais este queda como herdeiro universal, e neste caso o problema veu porque un dos fillos se postulou como herdeiro universal", sinala Albert Rodríguez Fernández, avogado dunha das irmás.

Pero a outra irmá e un sobriño, fillo dun terceiro irmán falecido, recorreron e mesmo presentaron unha contrademanda. Con todo, a Audiencia Provincial aposta por unha repartición a partes iguais tendo en conta varios factores.

"Houbo unha rede de apoio relativa ao grao de dependencia da muller e a doutrina dos actos propios en relación a que esa persoa xa asumira que o resto de herdeiros tiñan a mesma cota participativa", explica Albert Rodríguez Fernández, avogado dunha das irmás.

Os conflitos polas herdanzas son moi habituais e na rúa moitos centran a importancia de deixalo todo ben atado.

A Audiencia considera que os tres litigantes participaron de maneira relevante nos coidados e que ningún pode quedar coa herdanza en exclusiva. Con todo, neste asunto aínda cabe recurso de casación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade