Publicador de contidos

Publicador de contidos

Pelexa familiar con coitelos, paus e ata unha muleta en Ferrol

Pelexa familiar con coitelos, paus e ata unha muleta en Ferrol

Hai unha semana denunciáronse por un intento de atropelo ou unha colisión provocada, segundo quen o conte   

A mesma familia xa protagonizou outros incidentes con armas, motoserras e pelexas grupais

 

G24.gal 14/10/2026 14:26

Agresión coitelo en man, en plena rúa. Vese na imaxe. O que cambia é a versión segundo quen a conta.

"Sacou unha navalla de grandes dimensións, que era unha navalla boa, e doulle unha coitelada ao meu amigo no tórax", relata un dos implicados.

"A navalla é do outro. Meu pai lánzalle puñadas e meu irmán menor dálle a vara. Meu irmán ía coa bici e miña irmán mandou aos drogadictos a perseguilo e meu pai non vai deixar ao seu fillo menor. Está aí para defendelo", contradí a filla do home que acabou detido.

A reacción chega por parte do amigo, que entra en escena co primeiro que colle á man.  

"Eu fun detrás para defender ao meu amigo e fun cunha muleta para darlle con ela e dinlle", recoñece o mozo. 

Son familia, fillos e fillas, irmás e medias irmás, parellas e exparellas cun conflito familiar que se vai escribindo por capítulos, e nos que non escatiman en violencia. Así quedou un dos implicados nunha lea anterior. 

"O outro día collérono en Esteiro e rabuñáronlle a cara e o pescozo, agora picárono aquí. É un sen vivir, non se pode máis. Todo isto vén dun piso do que se quere facer dono porque ten toxicómanos para cobrarlles a pensión", engade o mozo.

"O piso que ten meu pai é dun amigo que está en prisión e temos a gravación pedíndolle que llo coide porque o quere para a filla", contrasta a parte contraria. 

Hai denuncias cruzadas, cada un coa súa versión. Hai só unha semana este incidente puido acabar en traxedia. A policía investiga se foi un atropelo ou un accidente intencionado.

"Apareceu o coche da miña irmá e quíxonos atropelar e avisei a meu pai e recolleunos nas Pías pero apareceron eles e empezaron a golpearnos por atrás, co meu irmán pequeno dentro do coche", asegura a moza.

"Iso é mentira todo porque apareceu co coche, atravesouno e freou en seco para provocar o accidente", nega o condutor. 

É un testemuño contra o outro porque son moitos os que ven e escoitan, pero ninguén quere falar. Son unha familia grande, coñecida no barrio, por leas con armas, brancas, de fogo, motoserras ou paus. Hoxe mesmo no xulgado.

Por sorte, quedou en palabras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade