Publicador de contidos

Publicador de contidos

En liberdade con cargos o detido por unha pelexa na A55 tras confirmarse que a vítima non morreu polos golpes

En liberdade con cargos o detido por unha pelexa na A55 tras confirmarse que a vítima non morreu polos golpes

Fontes da investigación informaron que as probas médicas realizadas ata o momento ao cadáver revelaron que "os golpes non son compatibles co seu falecemento"

Lugar do accidente na A55. TVG Lugar do accidente na A55. TVG
G24.gal 28/09/2026 19:06

O vigués detido en relación cunha liorta tras un accidente este domingo na A-55 foi posto en liberdade con cargos na tarde deste luns, segundo informou a Garda Civil.

O home, de 41 anos, que estaba en dependencias do instituto armado de Vigo, está libre á espera dos resultados da autopsia que se lle realizará mañá martes á vítima, un condutor portugués, de 52 anos.

Fontes da investigación informaron que as probas médicas realizadas ata o momento ao cadáver revelaron que "os golpes non son compatibles co seu falecemento".

Os feitos ocorreron na tarde deste pasado domingo en Mos tras supostamente rexistrarse unha liorta de tráfico na autovía A-55 na zona de Tameiga, en dirección Vigo. 

Os dous condutores saíron dos vehículos, que deixaron estacionados na beiravía, e comezaron a pelexar entre eles. Varias testemuñas alertaron á Garda Civil.

Cando unha patrulla chegou ao lugar un dos implicados desmaiouse e foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro, onde faleceu posteriormente. Na mañá deste luns era detido o outro condutor en relación con estes feitos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade