Publicador de contidos

Publicador de contidos

Balaídos rexistrará o primeiro cheo da tempada coa visita da Juventus

Balaídos rexistrará o primeiro cheo da tempada coa visita da Juventus

Son moitos os seguidores que aínda lembran o 4-0 que o Celta logrou endosarlle á Juventus na volta dos oitavos de final da Copa da UEFA, en marzo do ano 2000

G24.gal 28/09/2026 17:49 Última actualización 28/09/2026 17:53

A falta de dúas semanas para a visita da Juventus de Turín a Vigo, o Celta informou de que só quedan unha decena de entradas á venda para a estrea europea do equipo de Claudio Giráldez en Balaídos, que vivirá o primeiro cheo da tempada.

Ata a data, o duelo ligueiro contra o Athletic Club marca a mellor entrada do curso con 20.902 espectadores. Á espera de que conclúa a reforma da bancada de Gol, actualmente o estadio vigués conta cunha capacidade de 23.432 asentos. As entradas máis baratas que aínda non se despacharon, para Tribuna Alta e Tribuna Baixa, teñen un prezo de 180 euros, mentres que as máis caras rozan os 300 euros (295) no Player Club, tarifa que inclúe acceso á zona vip do estadio e cátering.

O duelo ante a Juventus está marcado en vermello no calendario do celtismo, xa que son moitos os seguidores que aínda lembran o 4-0 que o Celta de Víctor Fernández logrou endosarlle á Juventus na volta dos oitavos de final da Copa da UEFA, en marzo do ano 2000.

Aquela ‘Vecchia Signora’ estaba dirixida por Carlo Ancelotti e no seu persoal figuraban xogadores como Van der Sar, Zidane, Conte, Tacchinardi, Zambrotta, Davids, Do Piero ou Kovacevic.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar